01-TRADICIÓN E ARTESANÍA

Parada nº1…

TRADICIÓN E ARTESANÍA

A artesanía desempeña un papel notorio na vida e cultura de Galicia, cuxa gran diversidade de oficios é parte do noso patrimonio, nos que ocupan un lugar moi importante as tradicións populares.

O Mercado La Galiciana acolle ao visitante cunha primeira parada na que poder apreciar o talento artesán de Galicia na súa esencia.

Este espazo Pop- Up constitúe un escaparate efémero que muda cada 15 días para dar a coñecer distintos creadores, produtos e técnicas de elaboración dos oficios artesanais en Galicia, caracterizados pola alta calidade e a arte para harmonizar tradición, deseño e innovación.

As primeiras semanas de vida do novo Mercado estarán dedicadas en “Tradición e Artesanía” a dar visibilidade ás creacións de A Eito e Medusa Atlántica.