05-BEER CRAFT

Un templo da Cultura da Cervexa para amantes desta bebida elaborada de mans de grandes artesáns apegados a unha tradición cervexeira centenaria de receitas únicas!

Parada nº5…

BEER CRAFT

Da man da cervexeira galega máis internacional, o noso Mercado conta con esta cervexaría artesanal de deseño exclusivo e liña Concept Big Craft, que constitúe a máis grande de España.

Un deleite para os amantes da Cervexa de Adega que atoparán neste espazo en exclusiva diferentes cervexas da casa Estrella Galicia de fabricación propia como de distribución!

O noso local, de estética craft, pon a disposición dos amantes da cervexa todas as posibilidades que ofrece Hijos de Rivera, presentando unha ampla gama de cervexas, tanto da casa como importadas e onde a Cervexa de Bodega e os seus tanques insitu, son sen dúbida, os grandes protagonistas.

Ademais tamén teñen o seu espazo as cervexas de tempada, que están expostas nunha columna reservada a estes novos lanzamentos do selo Fábrica de Cervezas Estrella Galicia.