11-OLLO PATACA

Parada nº11…

OLLO PATACA

Ollo! Pataca galega á vista!
A pataca da nosa terra é a gran protagonista deste posto a que constitúe un puro espectáculo visual onde o visitante pode ver o corte das patacas e seguir o proceso de dobre fritura.
100% naturais e con monda, primeiro se pochan as patacas alcanzando unha textura cremosa no seu interior para pouco despois volver introducilas na show- freidora ata obter un resultado dourado e crocante.
Ao máis puro estilo xenuinamente europeo como en países como Bélxica, Francia ou Alemaña, onde a preparación das patacas fritas é pouco menos que unha relixión, as patacas galegas en La Galiciana teñen unha primeira cocción suave de once a trece minutos en aceite a 130º C, para despois ser retiradas e voltas a fritir durante uns poucos minutos a 180º C.
Finalmente retíranse e sécanse para espolvorearlas con sal, acompañalas dunha das nosas 6 salsas especiais de elaboración caseira.
Neste posto de Street Food, ademais, elabóranse artesanalmente e frítense á vista croquetas de múltiples sabores, a base de produtos de mar e terra.
O visitante poderá comer insitu a oferta de patacas e croquetas de Ollo Pataca ou ben levar a comida.