16- GROLOS VERMUTH&GIN

Última parada…

GROLOS

Na planta superior do noso mercado, cunha vista privilexiada, atópase a nosa coctelaría-vermutaría GROLOS na que mestres cocteleiros deseñan vermús e cócteles xenuínos en exclusiva para este local que fai da experiencia de beber un auténtico pracer para todos os sentidos.

Dende os clásicos máis exquisitos á coctelaría más innovadora, a ampla variedade de gintonics e combinados –con e sen alcohol– fan as delicias dos gustos máis exquisitos e converten momentos en grandes experiencias.

O vermú elabórase a diario en GROLOS para acompañar cada semana algún petisco dos nosos locais gastronómicos. Os ritmos e rituais das elaboracións e a mestría dos nosos bartenders e cocteleiros é xa todo unha festa e gozo!

Estes exclusivos vermús xunto co resto das creacións fan deste local unha parada obrigatoria na sesión-vermú e marcha nocturna da cidade de Compostela.