07- SIBONEY COFFEETRUCK

Sétima nº7…

Siboney CoffeeTruck

Esta gastroneta contén no seu interior a mellor mostra da postrería galega e o mellor café elaborado en Galicia.
Os doces máis representativos da nosa Comunidade son os protagonistas xunto ao café galego por excelencia: Siboney.
A tradición cafeteira de Siboney en Galicia remóntase a 1965 e vai da man da emigración galega á illa de Cuba. Alí o fundador de Siboney descubriu todos os procesos polos que pasa o café, desde a planta ata que está preparado para ser tostado. – Os Siboney eran os indios que habitaban a illa caribeña á chegada dos primeiros colonos españois-.
A filosofía de Siboney está baseada no coñecemento, a paixón e o respecto aos agricultores que se esforzan en producir excepcionais cafés.  Por iso, tras tres xeracións, tosta as mellores orixes viaxando a países cafetaleros ao longo de todo o ano e visitando as leiras de produtores e ás cooperativas coas que traballan, en busca de variedades interesantes e con personalidade propia.