06-SECRETOS DE GALICIA

Sexta nº6…

SECRETOS DE GALICIA

Algúns dos mellores segredos que garda Galicia atópanse neste local que reúne unha selecta variedade de delicias gastronómicas artesás gourmet de recunchos das zonas máis naturais da nosa terra e que posúen un alto recoñecemento identitario internacional.

Esta parada no percorrido de LA GALICIANA  supoñerá, sen dúbida, o descubrimento dunha mirada innovadora e de vangarda do ámbito gourmet artesanal de Galicia, unha forma propia dun mundo complexo e universal, unha grande embaixada dos valores do país e os seus elementos vinculados coa natureza, a cultura e os costumes que nos son propios.