Del 22 a 31 de agosto 'A Eito' expondrá en LA GALICIANA

Del 22 a 31 de agosto 'A Eito' expondrá en LA GALICIANA

Do 22 ao 31 de agosto contaremos coa primeira mostra de Tradición e Artesanía da man de A Eito.

Baixo a dirección da artesá Manola Places Silva, veciña de Boiro (Barbanza), A Eito confecciona produtos artesás como son os seus bolsos, sombreiros ou diademas, cuxa materia prima é principalmente a palla de centeo. Alén da palla, tamén fai uso de diferentes elementos como coiros, abelorios ou teas que complementan os artigos, dotándoos dunha personalidade e singularidade especial que comprenden a esencia e marca de A Eito.

Para a elaboración destes produtos, comézase cunha recollida e selección por lonxitude e grosor da palla de centeo, a cal é tratada previamente, mollando esta en auga durante varios días. Unha vez seca procédese a trenzala e cosela, cun estilo esencialmente circular, que combinado con outros elementos dan vida aos produtos artesás de A Eito.

Agardámoste no Mercado LA GALICIANA ata o fin do mes de agosto, na rúa Gómez Ulla 1 baixo, en Santiago de Compostela, onde poderás gozar da exposición e primeira mostra de Tradición e Artesanía.