Bakin Blues Band actúan na apertura de LA GALICIANA

Bakin Blues Band actúan na apertura de LA GALICIANA

Na noite do mércores 22 de agosto, primeira noite co Mercado oficialmente aberto, contaremos coa actuación de Bakin Blues Band, que dará comezo ás 22:00h e rematará ás 00:00h.

Estes composteláns fan da música unha experiencia diferente, interpretando os seus Blues cun estilo moi pulido. Achégate a LA GALICIANA na hora da cea, coa mellor compañía, e déixate levar por Bakin Blues Band.