Manuel Figueiras exporá en LA GALICIANA a partir do martes 18 de setembro

Manuel Figueiras exporá en LA GALICIANA a partir do martes 18 de setembro

Manuel Figueiras é un artesán de Muros (A Coruña), que forma parte de Artesanía de Galicia e elabora cuncas, ensaladeiras, tazas, coladores, xerras ou teteiras artesás no seu taller. Este é un taller de cerámica artesanal, feita na súa maioría na roda. As súas pezas están cocidas a 1.250ºC, usando principalmente barros galegos que, ademáis de ser de excelente calidade, aguantan moi ben as altas temperaturas, deixándose traballar moi ben na roda.

Nos vidrados fai uso na medida do posible de materiais locais, como o granito en pó, obtido nunha canteira próxima a Muros, e a cinza, que ademáis da cuestión económica, dan excelentes resultados para os vidrados de tipo oriental, como os celadóns ou chüns, xa que conteñen pequenas porcentaxes de óxido ferrico e outras “impurezas” enemigas da brancura.

Se queres coñecer máis sobre os traballos de Manuel Figueiras, achégate ao mercado gastrogalaico LA GALICIANA a partir do martes día 18 de setembro, de 12h a 00h. Agardámoste!