O artesán M. Bastiaans estará no Mercado La Galiciana do 1 ao 7 de outubro

O artesán M. Bastiaans estará no Mercado La Galiciana do 1 ao 7 de outubro

M. Bastiaans estará a primeira semana de outubro no espazo de Tradición e Artesanía do Mercado LA GALICIANA.

O artesán holandés Matthijs Bastiaans, instalado en Santiago de Compostela, elabora todos os seus produtos a man e cos mellores materiais naturais. Un destes materiais é o coiro bovino vexetal curtido dunha curtiduría tradicional no interior de España. As peles cúrtense mediante o uso de extractos naturais de árbores coma a Mimosa. Tamén usa tintes solubles coma a anilina para manter a superficie natural, así como uns aceites e ceras que protexen a pel ao 100%.

Traballa desde roupa ou zapatos, até ferramentas coma carteiras ou estoxos, cunha estética particular onde resalta o respecto pola materia prima e a calidade do tratamento. Cada puntada e corte mostra que foi elaborado de xeito consciente, mantendo o control en cada paso do proceso creativo, cun alto interese na sostebilidade e no ecoloxismo.

Achégate a Tradición e Artesanía desde o 1 de outubro até o 7 de outubro, de 12.00h a 00.00h, e desfruta da singularidade dos produtos do artesán Matthijs Bastiaans.