O Mercado La Galiciana estrea CHARGY STATION, a tecnoloxía internacional máis punteira no eido das recargas móbiles

O Mercado La Galiciana estrea CHARGY STATION, a tecnoloxía internacional máis punteira no eido das recargas móbiles

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019.   O Mercado gastronómico La Galiciana, sito en Santiago de Compostela, ven de estrear unha instalación de recarga móbil que constitúe a tecnoloxía máis puntera do sector a nivel internacional a partir de dispositivos de carga intelixentes que ofrecen unha nova experiencia de usuario. A nova estación de recarga componse dun Moble Cargador (unha estación de carga inalámbrica intelixente para instalar no mobiliario para  300 iPowerbanks), que estará ubicado na entrada do local, anexo á food truck onde se solicitará o seu uso.

 

Tal e como explicou o xerente de La Galiciana, Benigno Sánchez, na presentación pública celebrada esta mañá na que participou a Asociación de Guías Turísticas de Galicia, “a tecnoloxía implementada no noso mercado, da man de Chargy  Technologies, S.L, é unha tecnoloxía punteira, fabricada 100% en España, que está presente en máis de 45 países ao longo de 4 continentes. Algunhas das empresas que xa confían nesta tecnoloxía son  Estrella Galicia, Nebext,  KPMG, Banco Santander, entre outras moitas. Con esta nova tecnoloxía La Galiciana pasa a ser o punto oficial de carga móbil desta tecnoloxía punteira na cidade compostelá”.

A nova Chargy Station de La Galiciana constituirá asemade unha nova ferramenta de mercadotecnia que recompila e analiza datos en tempo real que axudará a mellorar o  NPS (Net Promoter Score) e a experiencia de usuario no Mercado, incluindo promocións e publicidade dos servizos de La Galiciana.

 

Para levar  a cabo este proxecto foi clave a colaboración de Estrella Galicia, alma do Mercado La Galiciana onde conta cunha gran proposta de cervexas para maridar cos platos que alí se poden degustar.

 

Funcionamento da tecnoloxía

 

Os dispositivos intelixentes de carga  iPowerbanks ofrecen carga ao usuario ata que estes non interactúan con eles, para iso deberán:

i.) descargarse a App de  Chargy (dispoñible para iOS e Android) e rexistrarse,

ii.)  escanear o código  QR que atoparán na base do dispositivo que vén acompañado do texto “ Escanea e Carga”, e

iii.) visualizar durante varios segundos o contido publicitario de servizos da Galiciana como método de activación dos cargadores.

 

Grazas a esta información que se envorca en tempo real, La Galiciana poderá ofrecer un servizo máis personalizado aos seus clientes, e premialos polo mero feito de recargar a batería das súas  smartphones nos seu establecemento mentres descansan, pasean, compran, consomen ou gozan dunha actividade.

 

Método de activación da carga

A activación da carga dos dispositivos realizarase unha vez o usuario visualizase a carta dos seus 8 locais e a cervexa Estrella Galicia coa que debe  maridar cada menú. Ao finalizar a visualización da carta aparecerá o botón “CARGAR” que ao facer clic comezará a carga.

 

La  Galiciana proporcionará un dispositivo  iPowerbank a cada un dos clientes que entren pola súa porta para garantir que:

 

i.) cargan os seus  smartphones mentres degustan os deliciosos pratos e cervexas que se serven no seu establecemento  

ii.) cada cliente coñece á perfección cada un dos pratos que conforman o menú   dos seus 8 locais e a cervexa de Estrella Galicia coa que é recomendado maridalos.