Studio Variopinto estará en LA GALICIANA a partir do luns 24 de setembro

Studio Variopinto estará en LA GALICIANA a partir do luns 24 de setembro

Studio Variopinto é un estudio creativo onde a fotografía, o bordado e a artesanía se entrelazan para convivir en perfecta harmonía. Ao cargo de Minia, o estudio dispón de numerosos crochets orixinais, ou bastidores decorativos que fan referencia ao mundo cinematográfico entre outros accesorios, alén de contar cun servizo de fotografía de produto e lifestyle. Con técnicas tradicionais e coñecidas, logra diversos produtos orixinais acompañados dun fío creativo propio e identitario de Minia que só poderás atopar neste estudio.

Participarán do espazo de Artesanía e Tradición que hai no Mercado La Galiciana, durante a última semana de setembro. Se queres coñecer máis sobre Studio Variopinto achégate ao noso mercado entre o 24 e o 30 de setembro, de 12h a 00h. Agardámoste!