02-LA CENTRAL HELADERA

Parada nº2…

LA CENTRAL HELADERA

La Central Heladera é un obradoiro no que cada mañá se elaboran manualmente xeados frescos, 100% autóctonos e naturais.

Os xeados de crema e sorbetes de froitas prepáranse a partir de produtos naturais de km 0, de primeira calidade e con leite ecolóxico de orixe galega.

A arte de La Central Heladera, posicionado polo seu baixo contido en azucres, proceso produtivo propio e innovación en sabores, texturas e combinacións, conta co certificado de garantía de calidade de Galicia Calidade.

Ademais de xeados e sorbetes, este local completa a súa oferta gastronómica con crocantes e caramelizados gofres e  doces e salgadas crepes e unha amplísima variedade de salsas de chocolates e toppings que non deixarán de sorprender ao paladar do visitante ao longo de todo o ano.