Locales

Un percorrido polos sabores, sentidos e Cultura de Galicia!

LA GALICIANA invítache a deixarte levar polos seus recunchos gastrónomicos nunha viaxe experiencial polos sentidos e sabores da nosa terra.

Gozarás da súa cultura tradicional e espírito creativo e innovador!

Agárdanche un total de 16 paradas nas que poderás degustar propostas tradicionais e vangardistas da nosa cociña así como pratos internacionais.

Ao máis puro estilo das romerías populares galegas, comparte mesa, socializa e vive diferentes experiencias cada día da man da excelencia gastronómica baseada na paixón, a calta calidade das materias primas e a arte culinaria.

13 locais de restauración con variada oferta gastronómica, 1 corner de artesanía galega, unha furgoneta co mellor café elaborado en Galicia e unha tenda gourmet para facer as delicias dos visitantes ao Mercado!