09- LE PETIT TAMBORIL

Parada nº 9…

LE PETIT TAMBORIL

Grandes mestres arroceiros están á fronte dos fogóns de Le Petit Tamboril!

Auspiciado pola arrozaría de Galicia de maior traxectoria e prestixio, as paellas e arroces que saen destes fogóns poñen de manifesto o dominio da arte arroceiro nas súas diversas especialidades.

O visitante poderá deleitarse de exquisitas preparacións de arroz e ingredientes de terra e mar- naturais e autóctonos-, así como degustar o mellor marisco fresco e de tempada como percebes, navallas, ameixas, mexillóns, ostras ou vieras.