O Mercado

Templo Gastronómico no corazón de Galicia

O Mercado LA GALICIANA sitúase no centro da capital galega, en Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade e  meta do internacional Camiño de Santiago.

Constitúe o primeiro mercado gastronómico de Galicia, sito nunha nave industrial restaurada de máis de 60 anos de antigüidade e máis de 1.200 m2, dúas plantas e un total de 16 locais gastronómicos e de promoción da cultura e talento galegos. O mercado xunta a tradición da nosa terra e unha visión actualizada e vangardista da súa gastronomía, reflectida nos seus locais de restauración, corners, coffeetruck e tenda gourmet. A súa oferta gastronómica complétase coa dinamización do mercado: música ao vivo, ocio cultural, showcookings, catas de produtos, obradoiros de cociña e realización de festas gastronómicas e feiras vinícolas galegas, entre outras moitas actividades. Ademais brinda servizos complementarios como cáterings ou reserva de espazos para a promoción de iniciativas públicas e privadas coa finalidade de facer deste lugar un templo da cultura e da gastronomía de Galicia.

LA GALICIANA é Galicia en toda a súa esencia.

É excelencia en estado puro.

Galicia é unha terra singular e máxica bañada polo mar, as súas rías e a luz dos seus faros. Forxada polas pisadas da súa historia, mitos e lendas.

Un extenso territorio dunha abafadora beleza natural que alberga infinidade de recursos, infinitos tesouros e eternos encantos. Cada día esboza galerías de cores, sons, texturas, sabores e aromas que se reinventan cada día.

Nesta liña, o propósito do mercado LA GALICIANA é trasladarlles cada día aos nosos visitantes en Compostela a autenticidade da nosa terra a través das mellores materias primas autóctonas e coidadas elaboracións culinarias.

E sempre dende o compromiso e responsabilidade social, o respecto á nosa contorna e a procura da sustentabilidade.

Galicia é unha terra única que ademais recoñece e enxalza a súa diversidade gastronómica e costumes típicos.

Poucas rexións poden enorgullecerse tanto de facer unha festa en cada recuncho, colmando todo o calendario do ano de festas gastronómicas.

En honra a esa calidade inherente a Galicia, o mercado LA GALICIANA homenaxeará as diversas exaltacións gastronómicas das súas rexións.

Atentos/as porque ao longo de todo o ano haberá festa… moitas festas!!

LA GALICIANA. Coñece a súa orixe

O nome do noso mercado, “LA GALICIANA”,  é unha chiscadela ao comezo do uso dos vocábulos ”galiciana/galiciano”, que se remonta a finais do séc. XIX e principios do s. XX; período histórico no que se comezaba a lle dar forma ao sentido identitario das persoas naturais de Galicia, a antiga Gallaecia.

É nesa diáspora galega cando, sumidos pola distintiva morriña, os emigrados galegos a terras americanas comezan a forxar o sentimento galeguista. E é ao longo das tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX cando se recollen na escrita estas expresións para referirse a Galicia como “terra galiciana” e as persoas oriúndas desta rexión como “galicianas”; nun legado que iría conformando ata os nosos días a afección e apego a Galicia así como o orgullo pola nosa identidade, valores fundados na defensa da nosa cultura e a mellora da nosa sociedade.

O Mercado LA GALICIANA, é, un sentir, un vivir.

 

La reconstrucción de la identidad gallega en Cuba: procesiones, festivales y romerías regionales en La Habana (1804-1920)

A partir de 1908 el colectivo gallego de Cuba comenzará a organizar las romerías populares de su país de origen. La iniciativa no partió de las grandes sociedades regionales, sino de pequeñas sociedades de adscripción local. Desde entonces todos los domingos se celebraron romerías galaicas en los jardines de las grandes cervecerías habaneras, donde se consumían con melancólica complacencia empanadas y vino del Ribeiro, bajo el nostálgico quejido de las gaitas y los aires festivos de las muñeiras. En este comensalismo festivo se fueron revitalizando, e incluso inventando, las señas de identidad de los gallegos en el exilio caribeño.

José Antonio Vidal Rodríguez IES Calderón de la Barca, Madrid, España