03- CENGRAMOS

Parada nº3…

CENGRAMOS

Cengramos é unha queixaría-xamonaría que alberga os mellores queixos de Galicia e unha selecta e ampla variedade de xamóns e surtidos de embutidos.

O visitante poderá degustar exquisitas táboas de embutidos e afumados acompañándoos de saborosos queixos galegos nunha viaxe do paladar ás zonas de elaboración de queixo máis representativas de Galicia.

Cengramos está á beira da nosa vinoteca Pisauvas para facer desta gastroexperiencia a mellor maridaxe e poder potenciar e extraer o máximo pracer duns e doutros…

Un pouco de pan… e comezamos!