04- PISAUVAS

Unha carta de viños constantemente renovada para brindar ao visitante unha actual e ampla cultura enolóxica a base das mellores producións e colleitas galegas así como outras de ámbito internacional que sorprenderán os padais máis exquisitos!

Parada nº4…

PISAUVAS

Galicia, cuxa variedade de uvas se remonta a tempos ancestrais, non pode ser concibida sen a súa viticultura e enoloxía. A nosa Comunidade soubo poñer en equilibrio as grandes colleitas baixo as súas 5 Denominacións de Orixe vitícolas con uns cada vez máis recoñecidos viños de autor da man de adegueiros artesáns.

Pisauvas é o local do noso Mercado GastroGalaico que enxalza os viños, augardentes e licores da nosa terra. O seu nome fai honra á tradicional vendima na que a pisada de uva é un labor que consiste, aínda hoxe, en pisar as uvas depositadas no lagar (recipiente de madeira) para extraer o mosto que conteñen e proceder á elaboración do viño.

Nesta parada o visitante atopará representadas as 5 Denominacións de Orixe dos caldos galegos de recoñecida alta calidade (Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei e Ribeiro) así como referencias enolóxicas de adegas de pequenos produtores de Galicia.